JOSE VICENTE MON CANOURA - Biografia Artística PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Lunes, 12 de Mayo de 2008 21:24
Naceu no outono do ano 1969 en Figuerido, alí onde as historicas terras de Sargadelos bican o 
bravo bater do cantabrico, no concello de Cervo. 

Dende neno sentiuse atraido polo eido sociocultural e deste xeito mergullouse no fertil ventre de
Airiños do Xunco participando en caseque todalas seccións e actividades que se organizaban.

E con apenas 14 anos principiaba a súa andaina no grupo de gaitas, como percusionista de bombo
permanecendo arredor dunha década.

Dende o inicio da QUEIMADA POPULAR DE CERVO sentiuse enfeitizado pola sua maxia e pouco a
pouco foise enfeitizando cada vez máis atraido pola sua maxia participando na mesma durante 
moitos anos.

O ano 1998 foi sen lugar a dúbida clave na súa vinculación ó eido cultural xa que nesta época
embarcábase en duas actividades que darían un empuxe deinitivo a súa actividade sociocultural.
Nesa época iniciaba a súa andaina o Grupo de Teatro O BORDELO, tamén en Airiños do Xunco, e el ve
nese feito a posibilidade de dar renda solta a outra das súas paixóns, o teatro, convertíndose en 
membro fundador e actor ata o día de hoxe sumando preto de 400 actuacións polos escenarios 
galegos e asturianos. Neste grupo entra  en contacto directo co seu Director e “Alma Mater”,  
FRANCISCO PIÑEIRO,  a el débelle moito segundo di porque soubo imprimirlle valores, ideais e forma 
de ser que o marcarían definitivamente como persoa aprendendo a apreciar o trato humano como 
o principal capital do artista.

Tamén merece a pena destacar o seu amplo curriculo como “Periodista de afección”(como el se define),
xa que leva máis de 20 anos como corresponsal do diario EL PROGRESO de Lugo, sendo na actualidade 
o máis veterano en activo. 
Asemade e digna de mención a sua ampla andaina radiofónica colaborando e traballando con:

CADENA SER

RADIO NACIONAL DE ESPAÑA

ONDA CERO

e como Locutor e Director de

RADIO COSTA DE LUGO (a tristemente desparecida Emisora Municipal do CONCELLO DE CERVO) .

Ó mesmo tempo que se iniciaba no mundo do teatro, e en pleno despertar artístico, chegaría o seu
vencellamento definitivo A Queimada. 
Tosdo esto sucederia nunha fría noite de Marzo na Taberna do NORDESTE, en pleno aquelarre de
AVENTADOS, onde ante a ausencia do queimador o “Sempreeterno Presidente”   e gran amigo seu 
TINO  SOTO pediulle que fixera o conxuro. Como cervense “Convicto e confeso” botoulle peito e 
logrou facer unha purificación moi especial. E como o vento sempre espalla o bo e o malo, esta 
aventura chegou a oídos de CARMENCHU que de seguido o reclutou para o Restaurante BUENAVISTA 
como  Queimador .

E despois duns cantos anos esconxurando o mal e deleitando coa máxica brebaxe da Queimada á
xente das catro provincias galegas e tamen de Asturias, dunha boa parte de España e tamen de  
moitos paises do mundo.e por fin consigue facer posible un dos seus soños que non é outro que 
esconxurar unha QUEIMADA POPULAR DE CERVO en CANDEAN (VIGO).

Dende hai uns 3 anos o seu traballo de Queimador veuse incrementado de forma considerable
gracias ó seu bo facer e a un recoñecemento por parte do público, hosteleiros e restauradores, 
empresas, etc. Merece destacar a súa participación na GALA DE VERAN 2007 da 
TELEVISIÓN DE GALICIA celebrada en Cervo, xunto a artistas da talla de:

ROCIO CAAMAÑO(gañadora LUAR – TVG

LIS (POPSTARS e ACTRIZ)

e os recoñecidos

PIMINELA

así como a elaboración de Queimadas en establecementos hoteleiros de primeiro nivel como:

POUSADA O ALMACÉN (CERVO- LUGO)

EL GALLO DE ORO (ARTEIXO – A CORUÑA)

HOTEL PUERTA DEL CAMINO ( SANTIAGO DE COMPOSTELA . A CORUÑA),

PARADOR NACIONAL DE TURISMO DE SANTO ESTEVO DE RIVAS DE SIL (NOGUEIRA DE RAMUIN- OURENSE)

entre preto das 400 que leva realizado.

Neste senso é digna de mención a devoción que sinte polo seu mestre e mentor,
o GRAN QUEIMADOR DE GALICIA , FERNANDO BLAS, do cal confesa telo aprendido 
cáseque todo e ó cal pide permiso para esconxurar a Queimada si se atopa presente.
Todo esto fai de José Vicente Mon un dos personaxes mais polifáceticos e con máis futuro
do noso país. 
Actualizado ( Lunes, 12 de Mayo de 2008 23:06 )