A Queimada PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Lunes, 12 de Mayo de 2008 23:08
O RITO DO LUME,
ORIXES DA QUEIMADA


Ó comezo era o caos, o home vivia na escuridade, no paraíso da ignorancia. Prometeo o seu creador,
observabao con abatimento.
Non era a sua obra humana tan vistosa coma as flores do campo, nin tan inmensa coma os ceos, nin
tan enigmática coma os oceanos.
E foi enton cando se decidiu  a roubar os deuses o lume, e as agachadas entregarllo o home para
que se liberara do oscurantismo, fora libre e descubrira a luz do coñecemento.
Os  deuses anoxados, condenaron a Prometeo a vivir e renacer cada dia e idearon a muller,
intuitiva e curiosa. Pandora lle puxeron por nome, a ben dotada, e enviarona xunto os homes
entregandolle o seu regalo, unha caixiña de prata coa prohibición expresa de que nunca descubrise
o seu contido.
Pandora, a ben dotada, con esa curiosidade femenina  tan intuitiva, un dia de solstício de veran
abreu a sua caixiña de prata e do seu interior manaron tódolos males do mundo. A morte, a envexa,
o egoísmo e o medo, sementando entre tódolos homes a desconfianza.
Dende aquel dia os homes foron percibindo que xornada trás xornada o dia ia menguando e a noite
aumentaba e faciase mais longa.
O medo a verse de novo condenados a escuridade perpetua animounos a prender lumes,
¡¡ QUERIAN AXUDAR O SOL A MANTERSE VIVO!!!
Pandora volveu a mirar dentro da caixiña e atopou agochada nunha esquina, silente e tímida á
ESPERANZA.
E correu cara os homes  a decirlles que non estaba todo perdido, que ainda lles quedaba a esperanza.
Pandora puxose en camiño  cara o lugar onde cada dia morre o sol, seguiu o sendeiro que se debuxa
póla noite no ceo e que conduce ata ese lugar que os gregos chamaban A TERRA DA MORTE,  ese lugar
donde o sol e engulido cada atardecer pólo oceano, esa terra á que os romanos chamaron FINIS-TERRAE,
o fin da terra fronte o mar tenebroso, o ocaso do mundo, A COSTA DA MORTE.
Pandora o chegar a Galiza observou que por fin o lume regalo de Prometeo, frenaba o declive da luz,
que o sol volvia a renacer dia a dia, e nese momento decidiron chamarlle solstício de inverno, dia
grande de festa onde a luz renacia.
Dende entonces en tódolos pobos da terra festexaban ese dia do novo nacemento da luz. Xá pasaron
moitos anos e todo esto ficou no esquecemento, xá non facemos fogueiras nin gardamos o lume dese
dia para que nos ilumine todo o ano..........Pero as mulleres galegas, fieis a Prometeo ,  e do mesmo
xeito que exerceron o matriarcado e ademais de darnos de mamar, traballaron para darnos de comer,
gardaron o lume unido os outros dous elementos a terra e a auga, en segredo.  Sen  que os deuses do
Olimpo se enterasen elaboraban queimadas nos seus fogares, conxurandose con Pandora, a ben dotada,
para non perder nunca a Esperanza.
Así dende a noite dos tempos esta pocema miragreira empleamola para limpar a nosa alma de criaturas
malignas e curar as suas chagas, mantendo deste xeito viva a esperanza.
Por eso nas culturas celtas tamen chamadas culturas castrexas, ainda que descoñecian a escritura,
deixaronos a sua herdanza grabada nas pedras.
Nos petroglifos abundan os símbolos espirais, pero sobor de todo abunda un, o chamado TRISQUEL que
consiste nunha espécie de cruz de tres cabezas. Son moitas as suas interpretacións, pero a mais extendida
e a que afirma que representa os tres elementos básicos na vida do xenero humano A TERRA, A AUGA E O LUME,
os mesmos elementos nos que se basa a primitiva queimada.
A TERRA :  que está simbolizada na queimadeira o pote de barro ou ferro, esa terra orixe e destino do home
e que esta presente en tódalas culturas.
A terra tamen sinbolizada nas deusas nais GEA, ITSHAR ou PACHAMAMA; e tamen como lemos no libro do XENESE
do rito xudeo-cristián “ O SEXTO DIA COLLEU UN PEDACIÑO DE BARRO E CUN SOPRO CREOU O HOME A SUA IMAXE E SEMELLANZA”
A AUGA: cada gota de augardente e unha bagoa da nai TERRA, xermolada en forma de grans de uva, sangre fecunda
que se fundirá no noso corpo a traves desta pocema, unindonos deste xeito á terra  dos nosos ancestros, e decir,
a nosa propia historia.
O LUME: que danza libre no ferro prendido en augardente e que nos servirá para purificarnos, alumearnos e o mesmo
tempo quentarnos.
Pero de todo o resto non se preocupen ,coma sempre é cousa  miña………………